quen somos?
Rescatamos o noso nome dun dos episodios máis descoñecidos da Historia de Galicia, porén tamén un dos máis frutíferos dende o punto de vista cultural, social, deportivo e económico. O tal suceso comezou en 1873, cando a ETC Eastern Telegraph Company se instalou na cidade de Vigo para tender o primeiro cable telegráfico submarino que unía o continente europeo co resto do mundo. Durante máis dun século Vigo foi a porta de entrada a Europa de todos os grandes acontecementos internacionais. Nas faldas do monte do Castro instalouse unha comunidade británica que durante máis de cen anos transformou as dinámicas da cidade e fixo grandes achegas ao noso patrimonio inmaterial. Daquela dicíase que en Vigo ata as criadas falaban inglés, un dicir popular que viña a confirmar a grande importancia que esta comunidade tiña na cidade naquel momento. O Cable Inglés tamén trouxo o fútbol, o tenis, a cervexa e o viño do Porto, pero sobre todo trouxo cultura. Por debaixo do mar Galicia comunicábase co mundo.
En 2012 O Cable Inglés Cooperativa Cultural recupera esta parte da nosa memoria como metáfora para crear e comunicar cultura. Xuntando as experiencias de tres profesionais especializadas en xestión, produción, deseño e comunicación, O Cable Inglés ofrece servizos de xestión integral de proxectos culturais sostibles e implicados co territorio e cos seus habitantes.
O Cable Inglés nace coa idea de dar resposta ás demandas culturais dun xeito integral. O noso obxectivo é propoñer solucións a medida, capaces de integrar cantos servizos sexan precisos para levar a bo termo cada experiencia cultural.
Rescatamos o noso nome dun dos episodios máis descoñecidos da Historia de Galicia, porén tamén un dos máis frutíferos dende o punto de vista cultural, social, deportivo e económico. O tal suceso comezou en 1873, cando a ETC Eastern Telegraph Company se instalou na cidade de Vigo para tender o primeiro cable telegráfico submarino que unía o continente europeo co resto do mundo. Durante máis dun século Vigo foi a porta de entrada a Europa de todos os grandes acontecementos internacionais. Nas faldas do monte do Castro instalouse unha comunidade británica que durante máis de cen anos transformou as dinámicas da cidade e fixo grandes achegas ao noso patrimonio inmaterial. Daquela dicíase que en Vigo ata as criadas falaban inglés, un dicir popular que viña a confirmar a grande importancia que esta comunidade tiña na cidade naquel momento. O Cable Inglés tamén trouxo o fútbol, o tenis, a cervexa e o viño do Porto, pero sobre todo trouxo cultura. Por debaixo do mar Galicia comunicábase co mundo.
En 2012 O Cable Inglés Cooperativa Cultural recupera esta parte da nosa memoria como metáfora para crear e comunicar cultura. Xuntando as experiencias de tres profesionais especializadas en xestión, produción, deseño e comunicación, O Cable Inglés ofrece servizos de xestión integral de proxectos culturais sostibles e implicados co territorio e cos seus habitantes.
que facemos?
O que facemos son traxes culturais a medida. Funcionamos como unha cooperativa cultural de traballo asociado, onde cada unha das socias fundadoras aporta a súa experiencia nos eidos do deseño, a xestión, a produción e a comunicación; e complementamos esta bagaxe coas achegas dos nosos socios colaboradores para dar resposta a demandas máis concretas como a fotografía, o audiovisual, a ilustración, a animación, o son, a música, as artes escénicas, a pedagoxía, a tradución, a interpretación, a gastronomía, a moda...
Esta estrutura permítenos ofrecer un amplo catálogo de servizos que poden ser contratados polos nosos clientes de xeito integral ou individualizado:
xestión
Deseño e implementación de proxectos culturais
Creación de ideas, contidos e experiencias culturais
Creación de ideas, contidos e experiencias culturais
produción
Concertos, festivais, exposicións, presentacións, feiras, xornadas
Xestión e contratación de artistas
Programación
Produtos editoriais e audiovisuais
Xestión e contratación de artistas
Programación
Produtos editoriais e audiovisuais
comunicación
Deseño e implementación de estratexias comunicativas
Deseño e xestión de Plans de Comunicación 2.0
Gabinetes de prensa de eventos e produtos culturais
Promoción e publicidade en medios
Deseño e redacción de publicacións
Guionización e realización de produtos audiovisuais
Cobertura fotográfica e audiovisual

deseño
Arte e imaxe gráfica
Deseño editorial
Imaxe Corporativa
Desenvolvemento de campañas promocionais e merchandising
Proxectos web
Deseño editorial
Imaxe Corporativa
Desenvolvemento de campañas promocionais e merchandising
Proxectos web
clientes
+ Bodegas Martín Códax | Os xoves de Códax
AGADIC - Axencia Galega das Industrias Culturais | Xunta de Galicia
Culturgal 2013 | Feira das Industrias Culturais
+ RedEmprendia | Red Iberoamericana de Universidades que promove a innovación e o emprendimento
Celta de Vigo
Revenidas 2012 | Festival musical Vilaxoán de Arousa
Terra da fraternidade - Homenaxe a Zeca Afonso | Festas de Ourense 2012
éMundial | Festival da Lusofonía
David del Río | Deseñador de moda
Colegio M. Peleteiro
+ Uxía | Meu Canto
Uxía | Melodía Sentimental da Galiza e do Brasil: de ‘Chané’ a Villa-Lobos
+ 100 Tol@s | Malvela, Uxía e iLalelo en concerto
Mambo | Teatro
+ Asociación Berce | Entidade sen ánimo de lucro

proxectos
Tira do Cable é un proceso aberto que pretende xuntar as historias, anécdotas, experiencias, documentos, fotografías, filmacións ou calquera outra testemuña da presenza do Cable Inglés en Vigo e en Galicia.
Este é o noso proxecto fundacional e vai guiado pola necesidade de satisfacer a nosa propia curiosidade, seguindo o sabio precepto grego escrito no atrio do templo de Apolo en Delfos, e que Sócrates converteu nun dos piares básicos da súa filosofía: COÑÉCETE A TI MESMO.
Coñezámonos mellor coma pobo reconstruíndo entre todos un dos episodios máis descoñecidos e memorables da nosa historia recente. Esta é a nosa proposta.
Queres tirar do cable?

Na desaparecida factoría de porcelanas Álvarez traballaron durante moitas décadas mulleres conscientes e comprometidas coa súa condición de xénero e tamén coa loita obreira. Organizáronse, informáronse e botáronse á rúa para loitar polos seus dereitos coma mulleres e tamén polos dereitos de todos os traballadores. Perseguiron a igualdade e a xustiza social cunha valentía merecedora de moitos recoñecementos, pero coma adoita suceder coas historias de mulleres, o seu traballo ficou esquecido na trastenda da Historia.
O obxectivo deste proxecto é recuperar esa parte da nosa memoria industrial en clave de xénero, a través dos testemuños das propias traballadoras. O resultado das nosas pesquisas terá formato editorial e expositivo.
O proxecto está aberto ás achegas de todas e todos os que queiran participar.
equipa
cristina labandeira
Desenvolve grande parte da súa traxectoria en Barcelona, onde comeza traballando no campo da xestión económica e a consultoría empresarial. Especialízase en Dirección e Xestión de Institucións, Empresas e Plataformas Culturais, enfocando así a súa actividade cara a xestión, deseño e coordinación de proxectos de carácter social e cultural. En Galicia, tense encargado da xerencia de proxectos como AGAPHONO (Asociación Galega de Produtoras Fonográficas) e aCentral Folque.
marián fernández
A súa traxectoria xornalística está vinculada nun primeiro momento ao traballo informativo en distintos medios e enfocada posteriormente cara á dirección e guionización de programas de televisión, series de ficción, documentais e curtametraxes. Máis recentemente desenvolve o seu traballo en gabinetes de prensa de institucións, empresas e entidades culturais e deportivas.
pilar vera
Iniciou a súa actividade no ámbito da publicidade como directora de arte en Publicis e McCann-Ericsson México e como colaboradora do Centro Mexicano de Deseño en proxectos de axuda ao desenvolvemento do sector artesanal mexicano. En Galicia traballou como deseñadora web e multimedia para varias empresas e dende o ano 2005 desenvolve proxectos como freelance tanto para o sector público como o privado nas áreas de deseño gráfico, publicidade on/off-line e web.
contacto
Apdo. Correos 21
36200 Vigo
Pontevedra | España
Tel. (+34) 650579208 e 653477154
36200 Vigo
Pontevedra | España
Tel. (+34) 650579208 e 653477154