Se non podes ver correctamente este mailing fai click aquí
O TENDAL - Sabes como trazar a túa estartexia de marketing?
Xornada de presentación do proxecto de intercooperación O TENDAL

A Quinta da Auga, Santiago de Compostela
CÓMO CHEGAR
Xoves 13 ás 16:00 horas
Ola,

Desde O TENDAL queremos convidarvos a participar nunha xornada centrada nas novas estratexias de marketing para o posicionamento de empresas. Se formas parte dunha cooperativa ou sociedade laboral, ou tes unha idea de negocio que responda aos valores da economía social, achégate e comparte con nós as túas necesidades e inquietudes. Os nosos convidados ofrecerán consellos, pistas e experiencias que quizais che interesen.
Laura Camino | Martín Códax | Cestola na Cachola
LAURA CAMINO Social Media Strategist e coTeam Manager en ZyncSocial, axencia de marketing online en Barcelona. Laura é o perfecto exemplo de cerebro galego emigrado. Temos moito que aprender con ela.


PABLO BUJÁN Director comercial das Bodegas Martín Códax, unha das cooperativas galegas con mellor penetración no mercado exterior. Cal será o seu segredo?


RAQUEL DOALLO socia de Cestola na Cachola, unha pequena cooperativa que está extendendo o seu proxecto a unha velocidade que dá envexa.
Ao remate do acto, ofreceremos uns petiscos mentres intercambiamos as nosas impresións sobre a xornada. Anímate!
COMUNICACIÓN O TENDAL
Marián Fernández   /  Tel. 650 579 208
info@otendal.es
redes sociales
www.otendal.es
facebook O Tendal twitter O Tendal linkedin O Tendal Web de O Tendal