Se non podes ver correctamente este mailing fai click aquí
XORNADA ECONOMÍA AZUL
O mar como motor de innovación e crecemento
Data Martes 11 de decembro

Lugar Pazo Vista Real Enderezo: Corón, 37 - CALEIRO. Vilanova de Arousa. Mapa


A Unión Europea (UE) considera os mares e océanos como motores da economía dos territorios costeiros polo seu gran potencial para a innovación e o crecemento; e aposta pola economía azul como alternativa de futuro porque ofrece máis vida e desenvolvemento para as poboacións costeiras e implica emprego e oportunidades que permiten que a xente moza poida establecerse no seu territorio.

En España, a economía azul emprega a máis de 691.000 persoas e xera aproximadamente 23 millóns de euros de valor agregado. En toda a Unión Europea representou en 2016 o 1,3% do PIB total. Para promover a economía azul, a UE considera vital establecer sinerxías entre autoridades, entidades investigadoras e empresas, para conectar as ideas e iniciativas coas persoas e grupos que poden promovelas e orientalas.

Con este obxectivo, o Galp Ría de Arousa, organiza unha xornada de traballo na que van participar todos os actores implicados no desenvolvemento de iniciativas de crecemento azul. Teremos a oportunidade de expoñer proxectos, consultar dúbidas e coñecer de primeira man as investigacións que se están desenvolvendo neste momento en Galicia e Portugal. Será unha sesión de traballo enfocada a presentar as oportunidades que ofrece a economía azul e como se poden aplicar no territorio da Arousa.

Despois de cada bloque, as persoas asistentes poderán facer consultas directas sobre posibles ideas e iniciativas, e mesmo axendar encontros coas entidades. Agardamos que os contidos da xornada vos resulten interesantes. Quedamos á vosa disposición para responder a calquera dúbida que precisedes consultar.

Podedes inscribirvos ou solicitar máis información a través do correo electrónico: xornadaeconomiaazul@gmail.com
PROGRAMA DA XORNADA
16:30-17:00 Recepción de asistentes
17:00-17:20 Inauguración
17:20-17:30 Introdución: Qué é a economía azul. Yolanda Molares. Directora ICSEM. Instituto para o Crecemento Sostible da Empresa.
17:30-18:00 Proxectos do GALP Ría de Arousa. Rosa María Carballo Martínez. Xerente GALP Ría de Arousa, Representantes dos proxectos
18:00-18:30 Proxectos do CETMAR (Centro Tecnolóxico do Mar). Paloma Rueda Crespo. Directora do CETMAR.
18:30-19:00 Caso práctico de Implementación da Estratexia Blue Growth no Porto de Vigo. Carlos Botana. Xefe do Departamento de Sostibilidade da Autoridade Portuaria de Vigo.
19:00-19:30 Proxectos do FÓRUM OCEANO. Rui Azevedo. Secretario Xeral. FÓRUM OCEANO.
19:30-20:00 Peche da xornada
20:00-21:00 Degustación de produtos do mar
GALP Ría de Arousa

Tfno.: 653 477 154
xornadaeconomiaazul@gmail.com