inicio música teatro contacto web do cable inglés español  english
100 TOL@S
Uxía
Uxía
Uxía

100 TOL@S
Da ría, de todas as rías,
para que rías, para que bailes.
Para emocionar a públicos de todas as idades.
A todos os públicos do país... E de fóra!
Quen non sucumbe diante dunha centolada así...


A Calidade de UXÍA, os seus 25 anos de escenario, a súa voz atlántica arroupada polo son maxistral de Sergio Tannus e Xoán Porto.

O humor electrónico 2.0 de iLalelo! Carlos Blanco e Budiño DJ, unindo ás súas forzas para pescar en redes sociais, para divertir a novos e non tan novos.

E a enerxía positiva das MALVELA. Presentando novo traballo discográfico. Con vellos e novos éxitos, coa súa coidada posta en escena e a banda de luxo que as acompaña.


100 TOL@S!
Porque todas as combinacións son posibles!
Unha enchenta!
A festa toda!
100 TOL@S!
De xira por toda Galicia e parte do estranxeiro!

Apdo. Correos 21  |  36200 Vigo  |  Pontevedra, España
Tel. (+34) 986071891  |  Mov. (+34) 695881074  |  info@ocableingles.com