inicio música teatro contacto web do cable inglés español  english
100 TOL@S
Uxía
Uxía
Uxía


@s artistas
Malvela
Malvela
Cancións da nosa memoria, festa dos nosos días...

Cantaban nas súas casas, tiñan nos seus corazóns as cantigas das avoas e un día puxéronse a facer festa con elas para achegarnos o seu tesouro musical. Malvela son varias xeracións que se xuntan para ofrecernos as cancións que veñen da terra, a cultura das nosas aldeas, os sons de noso.

O segredo do éxito de Malvela descóbrese ao velas cantar. Cunha década de pisar escenarios e palcos ás costas, Malvela edita o ano 2011 o seu cuarto traballo discográfico. Un disco, "Raianas", gravado en directo e do que nace un novo espectáculo para seguir deleitando ao público de todas as idades.
Uxía
Uxía

UXÍA, a voz do Atlántico. Uxía concibe escribindo palabras e músicas que saen sempre do máis profundo e íntimo do ser, da alma. Neste 2012 celebra 27 anos de carreira artística que a converten nunha das voces máis populares e valoradas da nosa lingua. As súas cancións teñen sempre a presenza latente ou explícita da música tradicional, cun tratamento innovador e persoal.

Desde o seu debut con Foliada de Marzo en 1986, o seu traballo representa un punto de encontro para as diferentes culturas, un xeito de comunicación entre pobos e xentes. Co seu moi recente Meu Canto, Uxía segue o ronsel dunha cultura que viaxa e muda o significado e a natureza das fronteiras acompañada do talento e a complicidade dos virtuosos instrumentistas Sérgio Tannus e Xoán Porto.
iLalelo
iLalelo
Carlos Blanco e DJ Budiño

O gaiteiro Xosé Manuel Budiño sorpréndenos cun novo proxecto xunto ao actor e showman Carlos Blanco. O artista de Moaña vai máis aló dos sons tradicionais que sempre traballou, para mergullarse no hip-hop e na música máis actual, e converterse nun DJ que vai garantir festa e diversión para todos os públicos.

Carlos Blanco é un dos actores máis queridos e seguidos de Galicia. Demóstrao o éxito das súas diferentes montaxes, sobre todo na súa faceta de showman e standup comediant, que consegue sempre render a un público fiel, que sabe do seu singular talento. Actor de teatro e presentador da Radio Galega, comezou a traballar na TVG como presentador do programa A Reoca en 1990 con Antonio Durán. Colaborou noutros programas como Sitio Distinto ou Luar e foi Ladislao Couto en Mareas vivas. A súa carreira cinematográfica comezou con Sei quen es (1999) e continuou en O lapis do carpinteiro (2003) e Cargo (2005). Posteriormente presentou o programa da TVG Somos unha potenzia. En 2008 co-produce con Abada a súa obra de teatro Humor neghro.
Apdo. Correos 21  |  36200 Vigo  |  Pontevedra, España
Tel. (+34) 986071891  |  Mov. (+34) 695881074  |  info@ocableingles.com