inicio música teatro contacto web do cable inglés español  english
Andando a terra. Uxía canta a Manuel María
Uxía
Uxía
Uxía


Novas

13/09/2012 Presentación do CD ANDANDO A TERRA, Uxía canta a Manuel María. | TEATRO ROSALIA DE CASTRO, A CORUÑA
“Andando a Terra” é un traballo musical sobre poemas de Manuel María realizado por Uxía e Sérgio Tannus. A idea orixinal do disco partiu da FUNDACIÓN MANUEL MARÍA DE ESTUDOS GALEGOS, e forma parte dun pack editorial no que tamén se inclúen o poemario inédito “Os lonxes do solpor” e o audioviusal “De amor e cantería”.

En palabras da propia Uxía, ‘Andando a Terra’ é “o gozo sinxelo dun canto ao noso labrego-poeta. Un home que andou esta terra, este país, parroquia por parroquia, lugar por lugar, face a face”. Seguindo o seu exemplo, a cantante quixo arroupar a súa poesía na proximidade e coa delicadeza das melodías que foi atopando nos camiños, coa luz, a beleza, a paixón e 'o latexar sincero da emoción' que emana dos seus poemas, amando cada palabra, cada verso e cada nota para poñer en valor o seu valiosísimo, o seu precioso e prezado legado.

Ademais da metafísica, o amor, a nenez, a casa que quixo tanto e que agora será a Casa dos soños liberados de cadeas, o seu humor, o seu amor á vida, á lingua e a esta terra que andou sen descanso, tamén se inclúen neste traballo adaptacións de temas tan emblemáticos como 'O Carro', cantada xa por Fuxan os Ventos ou o 'Manual do Señorito' á que puxera voz María Manuela.

A estrea-presentación do disco no Teatro Colón da Coruña o pasado 13 de setembro resultou verdadeiramente espectacular. Unha Uxía espléndida, acompañada de tres magníficos músicos brasileiros, foron debullando os trece cortes que integran este CD e que fan un percorrido moi variado pola poesía de Manuel María. Aí vai un enlace de youtube para ir abrindo boca:
 
Apdo. Correos 21  |  36200 Vigo  |  Pontevedra, España
Tel. (+34) 986071891  |  Mov. (+34) 695881074  |  info@ocableingles.com