inicio música teatro contacto web do cable inglés español  english
Mambo
Uxía
Uxía
Uxía


Novas

05/02/2012 MAMBO candidata a 7 dos 13 Premios María Casares de Teatro
A única comedia que fala do amor, do poder e do sexo en 16 palabras vaise deixar sentir moitas veces na gala de entrega dos premios de teatro galegos deste ano. MAMBO, unha produción de Escenate e O CABLE INGLÉS | Cooperativa Cultural, está presente ata en nove ocasións nas listaxes que acaba de facer públicas a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) coas seguintes candidaturas: mellor espectáculo; mellor adaptación-tradución; mellor vestiario (Iván R); mellor escenografía (Iván R); mellor dirección (Xoán Abreu); mellor actor protagonista (optan Fran Peleteiro, Machi Salgado e Xoán Abreu); e mellor actriz protagonista (Antela Cid).

Aínda non se sabe cando se celebrará a gala de entrega dos premios, pero como cada ano escollerase unha data arredor do 27 de marzo coincidindo coa celebración do día Mundial do Teatro; e coma sempre celebrarase no Teatro Rosalía Castro, contando coa colaboración do Concello da Coruña, cidade de que a actriz María Casares é filla predilecta.

O censo de votantes está integrado polo censo de asociad@s da AAAG, programadores teatrais, críticos e nominados de todas as edicións anteriores, en total mais 450 profesionais das artes escénicas. Estaremos atentas e co champán preparado.
20/02/2012 A REALIDADE EN 16 PALABRAS | ...PROBEMOS CON VELENO
O ruído que espertan as cousas importantes oculta o son das cousas ínfimas. É habitual. Tamén é peculiar, porque as cousas importantes, sobre as que prestamos atención atraídos polo barullo, a miúdo resultan igualmente insignificantes. Lixo. Só a forza do ruído que levantan vólvenas superiores, obrigando ás cousas pequenas a buscar existencia en lugares máis afastados e recónditos...
14/02/2012 Unha historia, 17 palabras | Cultura galega
As desventuras de Manolo e Ramón a fuxir de Galikistán de cara Inglandia son a base do argumento de Mambo, a proposta escénica que a compañía EscenaTe estreaba o pasado venres no Auditorio Novacaixagalicia de Vigo...
11/02/2012 Con 16 palabras una hora de teatro a base de 'Mambo' | Atlántico Dixital
Cuatro vigueses (Xoán Abreu, Machi Salgado, Fran Peleteiro y Antela Cid) se unen en una obra contemporánea concebida en mínimos.
10/02/2012 Amor, poder y sexo confluyen en "Mambo", una obra con 16 palabras | Faro de Vigo
Los nuevos valores del teatro Antela Cid, Xoán Abreu, Machi Salgado y Fran Peleteiro estrenan la pieza, hoy y mañana, en el auditorio de Novacaixagalicia en Vigo.
19/10/2011 Maaaaaaaaaam...bó! | Dot Galicia
Un tipo muy elegante pisa el césped verde que resalta en el escenario. Coloca un cubo en el centro y a otros tres tipos –no menos elegantes que el primero-. “Aaaaaaaaaah!”, un grito rompe el silencio de toda la sala. Así comienza “Mambo”: el espectáculo.
Apdo. Correos 21  |  36200 Vigo  |  Pontevedra, España
Tel. (+34) 986071891  |  Mov. (+34) 695881074  |  info@ocableingles.com