inicio música teatro contacto web do cable inglés español  english
Música
Xira 2012
Meu Canto é unha relectura dos temas fundamentais do repertorio en directo de Uxía e temas que ata agora nunca tiña abordado. Unha proposta limpa de artificios na que o fundamental é a súa excepcional voz.

Unha voz máis contida e máis profunda ca nunca. Unha voz que amosa toda a forza e toda a vulnerabilidade coa que Uxía chegou a este punto do camiño, coa convicción de que un pobo que cantou desde tempos imemoriais non pode perder un instrumento tan fundamental como a propia voz, o propio canto, Meu Canto.
ver ficha completa      
ABERTA CONTRATACIÓN 2012/13
“Andando a Terra” é un traballo musical sobre poemas de Manuel María realizado por Uxía e Sérgio Tannus. A idea orixinal do disco partiu da FUNDACIÓN MANUEL MARÍA DE ESTUDOS GALEGOS, e forma parte dun pack editorial no que tamén se inclúen o poemario inédito “Os lonxes do solpor” e o audioviusal “De amor e cantería”.

Agora, trala emotiva estrea-presentación do disco no Teatro Colón da Coruña o pasado 13 de setembro, a Fundación Manuel María, autora da idea, e O CABLE INGLÉS Cooperativa Cultural, responsable do management de Uxía, decidiron darlle continuidade a este proxecto a través dun espectáculo que baixo o nome “Andando a Terra. Uxía canta a Manuel María” percorrerá os escenarios.
ver ficha completa      
ABERTA CONTRATACIÓN 2012/13
100 TOL@S!
Da ría, de todas as rías,
para que rías, para que bailes.
Para emocionar a públicos de todas as idades.
A todos os públicos do país...
E de fora!
Quen non sucumbe diante dunha centolada así...

100 TOL@S reúne a tres grandes representantes da música galega, Uxía Senlle, O grupo Malvela e Xosé Manuel Budiño, na súa faceta DJ, acompañado do actor Carlos Blanco.

Un espectáculo creado para as tardes-noites estivais, cheo de música e entretemento para toda a familia.
ver ficha completa      
ABERTA CONTRATACIÓN 2012/13
Melodía Sentimental da Galiza e do Brasil: de 'Chané' a Villa-Lobos é un programa con Villa-Lobos e os seus amores (canto, guitarra, piano e violoncello), entre o popular e o erudito, como homenaxe ao pobo das nosas terras.

Uxía (canto)-Galiza
Sérgio Tannus (guitarra, cavaquinho, viola caipira e percusión)-Brasil
Christina Margotto (piano)-Brasil
Jed Barahal (cello)-U.S.A.
proximamente      
Apdo. Correos 21  |  36200 Vigo  |  Pontevedra, España
Tel. (+34) 986071891  |  Mov. (+34) 695881074  |  info@ocableingles.com