inicio música teatro contacto web do cable inglés español  english
Uxía
Uxía
Uxía
Uxía
Uxía
Uxía
Uxía


Novas

11/11/2012 Uxía comeza este mes unha xira por Brasil
Presentará os temas do disco “Meu Canto” co que conmemora os seus 25 anos na música e que foi gravado precisamente nos estudios Biscoito Fino de Río de Janeiro. Ao seu regreso presentará no Culturgal o seu novo traballo “Andando a Terra. Uxía canta a Manuel María” co que comezará unha xira de presentación por Galicia. En febreiro viaxará a Escocia para participar no XX Celtic Connection Festival..

A cantante galega viaxa novamente a Brasil para lanzar alí o álbum MEU CANTO co que celebra os seus 25 anos na música e que está presentando con enorme éxito en Galicia no Estado. Neste disco, que entrou directo ao número 7 das listaxes europeas World Music e que acadou o recoñecemento dos Premios Opinión e dos Premios da Música Independente, Uxía aborda unha relectura dos temas fundamentais do seu repertorio en directo e temas que ata agora nunca tiña abordado, cunha voz máis contida e máis profunda ca nunca, que amosa toda a forza e toda a vulnerabilidade coa que Uxía chegou a este punto do camiño, coa convicción de que un pobo que cantou desde tempos inmemoriais non pode perder un instrumento tan fundamental como a propia voz, o propio canto, Meu Canto.

Coa xira brasileira que comeza a próxima semana, a cantante pecha o círculo e retorna ao país onde foi rexistrado este traballo, que se gravou nos estudios da editora Biscoito Fino, en Rio de Janeiro, coa produción do prestixioso músico Jaime Alem (produtor de María Bethânia), o talento e a complicidade do virtuoso instrumentista Sérgio Tannus -que a acompaña nesta xira-e as colaboracións de grandes como Lenine, Fred Martins e Socorro Lira.

Uxía comezará o seu tour brasileiro con dous concertos o 13 e 14 de novembro, na Sala Funarte Sidney Miller de Rio de Janeiro. Continuará o 21 de novembro cunha actuación na Sala Funarte Guiomar Novaes de São Paulo, onde a acompañarán Iván Vilela e Socorro Lira. O 23 de novembro, aínda na cidade de São Paulo, participará canda Sérgio Tannus na charla Galiza e Brasil: A Ponte organizada pola profesora Valéria Gil Conde na Cátedra de Galego da Universidade de São Paulo (USP). O 25 de novembro ofrecerá un concerto no Teatro SESC Campinas, no interior do estado de São Paulo, acompañada de novo por Socorro Lira. A xira pecharase con dúas citas organizadas polo Consello da Cultura galega na sede do Instituto Cervantes de São Paulo: o 26 de novembro, Uxía asistirá á mesa redonda  A cultura galega e Brasil e ao día seguinte, 27 de novembro, ofrecerá alí mesmo un concerto.
13/09/2012 Presentación do CD ANDANDO A TERRA, Uxía canta a Manuel María. | TEATRO ROSALIA DE CASTRO, A CORUÑA
“Andando a Terra” é un traballo musical sobre poemas de Manuel María realizado por Uxía e Sérgio Tannus. A idea orixinal do disco partiu da FUNDACIÓN MANUEL MARÍA DE ESTUDOS GALEGOS, e forma parte dun pack editorial no que tamén se inclúen o poemario inédito “Os lonxes do solpor” e o audioviusal “De amor e cantería”.

En palabras da propia Uxía, ‘Andando a Terra’ é “o gozo sinxelo dun canto ao noso labrego-poeta. Un home que andou esta terra, este país, parroquia por parroquia, lugar por lugar, face a face”. Seguindo o seu exemplo, a cantante quixo arroupar a súa poesía na proximidade e coa delicadeza das melodías que foi atopando nos camiños, coa luz, a beleza, a paixón e 'o latexar sincero da emoción' que emana dos seus poemas, amando cada palabra, cada verso e cada nota para poñer en valor o seu valiosísimo, o seu precioso e prezado legado.

Ademais da metafísica, o amor, a nenez, a casa que quixo tanto e que agora será a Casa dos soños liberados de cadeas, o seu humor, o seu amor á vida, á lingua e a esta terra que andou sen descanso, tamén se inclúen neste traballo adaptacións de temas tan emblemáticos como 'O Carro', cantada xa por Fuxan os Ventos ou o 'Manual do Señorito' á que puxera voz María Manuela.

A estrea-presentación do disco no Teatro Colón da Coruña o pasado 13 de setembro resultou verdadeiramente espectacular. Unha Uxía espléndida, acompañada de tres magníficos músicos brasileiros, foron debullando os trece cortes que integran este CD e que fan un percorrido moi variado pola poesía de Manuel María. Aí vai un enlace de youtube para ir abrindo boca:
 
13/06/2012 Uxía nos Conciertos de radio 3 | RTVE
Gravado o pasado 14 de maio en Madrid e emitido esta semana na 2 de Televisión Española no programa "Los Conciertos de Radio 3". Programa que recolle as actuacións de cantantes, grupos ou instrumentistas do máis actual panorama musical, con predominio de artistas españois e latinos.
29/05/2012 O disco Meu Canto é finalista de la IV Edición dos Premios da música Independente na categoría de Mellor álbum de música de raíz | 4º PREMIOS DE LA MÚSICA INDEPENDIENTE
Hoy 29 de mayo ha tenido lugar en la Sede de la SGAE la rueda de prensa de presentación de los finalistas de la IV edición de Los Premios de la Música Independiente. Gerardo Cartón, portavoz de UFI; Santiago Miguelez Brand manager de Estrella Galicia y Saray Moral Gómez de Fundación Autor han ido desvelando los entresijos de estos Premios y han anunciado quienes optarán a los Premios en cada categoría.
16/05/2012 Uxía, Doa e Assembly Point gañan os premios LA OPINIÓN de música folk, que este ano honran a carreira de Fuxan os Ventos | La Opinión
"Son máis de 25 anos cantando, 25 anos no oficio máis fermoso do mundo, e cantando na miña lingua", dixo Uxía, ao subir ao escenario e agradecer o seu premio a mellor artista, un galardón ao que estaban nominados tamén Óscar Fernández, Xoán Piñón e Begoña Riobó. "Outros 25 anos estarei enriba dos escenarios e espero cantar en cada recuncho deste país", dixo onte a vocalista de Mos.
12/08/2011 O disco Meu Canto de Uxía entra no número 7 das listaxes europeas da World Music | Cultura Galega
A REVISTA SONGLINES INCLUIRá UN TEMA DO SEU úLTIMO TRABALLO NO NúMERO DE OUTUBRO
10/06/2011 "O canto axuda a resistir" | Galicia Hoxe
Uxía celebra 25 anos de traxectoria con "Meu Canto", o seu traballo máis "íntimo" no que ispe a súa voz cos versos de Manuel María ou José Afonso.
07/06/2011 Uxía fai 25 anos na música con Meu canto | Cultura Galega
O DISCO PRESéNTASE O XOVES 9 EN COMPOSTELA
03/06/2011 Uxía xa ten 25 anos | El País
A cantante galega celebra as súas vodas de prata con 'Meu Canto', un disco moi íntimo gravado no Brasil con importantes músicos do país, Lenine e Curros no Biscoito Fino.
29/01/2011 Uxía: 'Me interesa hablar de las mujeres que mueven el mundo' | El País
La cantante gallega Uxía terminará el próximo día 3 su gira por Brasil.
Apdo. Correos 21  |  36200 Vigo  |  Pontevedra, España
Tel. (+34) 986071891  |  Mov. (+34) 695881074  |  info@ocableingles.com