ITINERARIO FORMATIVO VIRTUAL en Xénero

Co obxectivo de acadar a excelencia universitaria, a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo constitúe o instrumento político responsable da incorporación transversal do principio de igualdade efectiva entre mulleres e homes. Para isto, promove medidas que garantan a igualdade de condicións e realiza o seguimento e cumprimento da lexislación e dos plans que se adoptan.

O Cable Inglés realizou a introdución e migración dos contidos dos cursos do itinerario formativo virtual en xénero ao portal de teledocencia Moovi. Tamén nos encargamos do deseño da imaxe do itinerario, do selo que certifica a formación en igualdade, da maquetación de 4 volúmenes que recolle os temarios dos cursos e o deseño e desenvolvemento da web. A comunicación do lanzamento de distintas edicións dos cursos tamén foi realizada pola nosa cooperativa.

Servizos

Campaña de promoción on line
Campañas en RRSS
Deseño da imaxe gráfica dos materiais impresos e dixitais
Deseño editorial
Deseño web
Migración de contidos

Cliente

Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo

Web e redes sociais