AQUÍ FALTAN PÁXINAS

Aquí Faltan Páxinas é unha colección de relatos sonoros onde se narran episodios fundamentais da nosa historia protagonizados por mulleres galegas extraordinarias que non sempre saen nos libros.

O proxecto é unha idea orixinal de O Cable Inglés realizado en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Por ese motivo, a colección recolle as vidas de mulleres que nalgún momento da súa traxectoria vital ou profesional tiveron relación coa provincia de Pontevedra. Mulleres que xogaron un rol importante na construción da sociedade que hoxe somos e da que soñamos para as próximas xeracións.

Cada mes publicamos un podcast que se presenta a través de faladoiros nos que participan persoas expertas ou próximas na vida destas mulleres. As conversas celébranse en localidades da provincia que teñen un especial significado na traxectoria de cada unha delas.

 

Servizos

Deseño de imaxe gráfica
Deseño de materiais promocionais
Documentación
Entrevistas e fontes
Guionización
Investigación e documentación
Moderación dos faladoiros
Produción e coordinación

Cliente

Deputación de Pontevedra

Web e redes sociais