Ben Mercado

BEN MERCADO é unha tenda online onde facer un consumo consciente a golpe de click, coñecendo en todo momento como conducen as súas actividades cada unha das empresas proveedoras. Con total transparencia e cun compromiso real co noso territorio e cos valores da economía social.

Os productos e servizos de BEN MERCADO están realizados respectando os principios da democracia e a igualdade. Detrás de cada un deles hai un proxecto de economía que busca unha sociedade máis xusta e sustentable.

Ben Mercado foi impulsado e coordinado polo grupo cooperativo O Tendal (www.otendal.es), creado para fortalecer a capacidade comercial da economía social galega. Forman parte do grupo motor as cooperativas: Ítaca Software Libre, O Cable Inglés, Xedega, Cidadanía, Milhulloa, Rayados, Maos, Numax e a sociedade laboral Dehistoria. EspazoCoop e Aesgal están no grupo de apoio.

Este equipo encárgouse de desenvolver técnicamente o proxecto. Na actualidade a tenda foi cedida polo grupo promotor a REAS (Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia)

Servizos

Coordinación de eventos promocionais
Deseño da imaxe gráfica dos materiais impresos e dixitais
Deseño dos stands, merchandising e materiais divulgativos
Estratexia de comunicación offline e online
Xestión de redes sociais

Cliente

Grupo Cooperativo O Tendal

Web e redes sociais