Camiñar é Saúde

“Camiñar é Saúde” é unha campaña para promover entre a cidadanía compostelá a saúde e a calidade de vida a través da práctica de actividade física moderada, ao tempo que descubrimos todas as posibilidades que ofrecen os camiños verdes que percorren os parques da cidade.

Compostela é unha das cidades do Estado con máis zonas verdes -52 metros cadrados por habitante se contabilizamos toda a superficie verde do municipio- e mellor calidade do aire; polo que esta campaña servira tamén para promover a vinculación emocional co territorio e cos ritmos da natureza, que son fundamentais para a saúde.

A campaña “Camiñar é saúde” vén acompañada dun díptico informativo cun decálogo onde se sinalan os efectos positivos de camiñar no curto prazo, e compleméntase cun mapa onde se poden consultar os principais espazos verdes para camiñar en Compostela, a súa ubicación, extensión e tempo aproximado que leva facer cada percorrido. O mapa presenta 20 roteiros de alto valor patrimonial onde se pode practicar actividade física.

Servizos

Deseño da imaxe gráfica dos materiais impresos e dixitais

Cliente

Concellería de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos / Concello de Santiago

Web e redes sociais