CGAC
O CGAC é actualmente o único centro de arte contemporánea de Galicia e, segundo a clasificación elaborada por Artfacts.net, o número 46 do mundo e o terceiro de España, só por detrás do Museo Reina Sofía e o IVAM de Valencia. É, por tanto, unha entidade cultural de primeira orde, que ademais presta un servizo público.
As súas plataformas sociais, que xestiona O Cable Inglés, constitúen unha importante comunidade para o ámbito territorial galego e, máis concretamente, no seu sector cultural. Pero tamén no conxunto do Estado.
Baixo a súa xestión, O Cable Inglés logrou incrementar un 91% o alcance das redes sociais do CGAC e un 162% as interaccións. Tamén incrementou a súa comunidade, ata alcanzar os case 22.000 seguidores. Ademais, O Cable Inglés foi a empresa responsable de deseñar e realizar o lanzamento do Instagram do museo, acadando miles de seguidores en poucos meses.
Servizos
• Estratexia de lanzamento e impulso de Instagram
• Marketing de contidos