COGACO EN XANTAR

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, en colaboración co Consello Galego de Cooperativas, estivo presente na feria internacional de Turismo Gastronómico XANTAR 2017 cun stand institucional co obxecto de impulsar a promoción das entidades galegas de Economía Social e a comercialización dos seus produtos e servizos.

Estiveron presentes no stand 8 cooperativas e un centro especial de emprego: Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, coa súa marca Bico de Xeado, e Produtores do Campo da Capela do sector lácteo; Condado Paradanta centrada en produtos apícolas; Galo Celta do sector avícola; o centro especial de emprego Freshcut S.L. e Terras da Mariña que comercializan produtos hortofrutícolas; e as adegas Jesús Nazareno; Virxe das Viñas; e Adegas Eidosela.

No stand organizáronse degustacións e catas de produtos galegos de calidade dirixidas por expertos nas características de cada produto.

Servizos

Deseño da imaxe gráfica dos materiais impresos e dixitais
Xestión e organización dos eventos e loxística do stand

Cliente

Consello Galego de Cooperativas

Web e redes sociais