COMITÉ DE SABIAS

O Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo nace para dar resposta a dúas cuestións urxentes. A primeira: identificar cales son os retos da sociedade dixital para que as mulleres accedan a ela en condicións dignas e igualitarias. A segunda: definir as accións que deben impulsarse para conseguir a igualdade real e efectiva de mulleres e homes no universo dixital.

Formado por 15 mulleres referentes nos seus respectivos ámbitos professionais, desde enxeñeiras de Telecomunicacións, Mecánica ou Informática ata expertas en Física e Intelixencia Artificial, os campos de actuación das integrantes do comité son moi diversos, incluíndo tamén a filósofas, matemáticas ou filólogas. Todas xuntas son unha mostra da presenza feminina nas carreiras STEM, con consolidadas traxectorias e autoridades nas súas materias. Este comité suma a súa experiencia e coñecemento de todas elas para orientar a posta en marcha de accións que impulsen unha maior visibilidade e participación das mulleres na ciencia e na tecnoloxía.

O seu obxectivo é promover a incorporación e o papel das mulleres como creadoras de contidos dixitais e desenvolvedoras de tecnoloxía; e reverter, deste xeito, os nesgos de xénero na IA, na robótica, no big data, e nas empresas emerxentes ou start-up do eido tecnolóxico e científico.

Servizos

Deseño da imaxe gráfica dos materiais
Comunicación
Coordinación

Cliente

Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo
Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo

Web e redes sociais