Conversas sobre a Menopausa
Con motivo do 28 de maio “Día Internacional de acción pola Saúde das Mulleres” a área de Igualdade da Deputación da Coruña organizou en 2020 o ciclo en liña “Conversas sobre a menopausa”. O obxectivo deste ciclo é ofrecer cinco conversas con profesionais de diversos eidos amosando unha visión realista e normalizadora da menopausa; rompendo estereotipos e fuxindo da súa patoloxización. Baixo un formato de entrevista, as xornalistas Sonia López e Marián Fernández conversan con: Carme Valls, endocrinóloga e unha das pioneiras do Estado en incluír a perspectiva de xénero na medicina, Anna Freixas, psicóloga e xerontóloga feminista, Rosa Almirall, xinecóloga e sexóloga, Cristina López Villar, doutora en ciencias da actividade física e o deporte e profesora da UDC e Guadalupe Jiménez Esquinas, antropóloga e profesora da USC.
Servizos
Cliente
Deputación da Coruña