Costa da Morte Terra Atlántica

Trátase dunha marca territorio da área da Costa da Morte (Galicia). O Cable Inglés foi a empresa encargada de deseñar a identidade corporativa da marca e o seu manual de uso en distintas aplicacións, ademais do deseño e actualización do seu sitio web.

Desde o equipo do Cable creamos a estratexia de comunicación on e offline, complementando e retroalimentando os impactos mediáticos coa creación de contidos nas distintas redes sociais activas da marca.

En paralelo coa xestión da comunicación, realizamos todas as xestións de contidos necesarias coas marcas que forman parte de Terra Atlántica, desenvolvendo un intenso labor de comunicación interna ata finais de 2020.

Servizos

Creación de contidos audiovisuais
Deseño de imaxe corporativa
Deseño e desenvolvemento web
Estratexia de comunicación offline
Lanzamento da marca
Lanzamento e xestión de redes sociais
Marketing dixital e de contidos
Xestión e produción

Cliente

GDR Costa da Morte

Web e redes sociais