CULTURA MARÍTIMA
O CABLE INGLÉS encargouse do deseño e desenvolvemento da web CULTURA MARÍTIMA que presenta o inventario do patrimonio marítimo inmoble, moble e inmaterial de Galicia, resultado do traballo de investigación dos técnicos do Plan de Cultura Marítima da rexión e aportacións da comunidade pesqueira e civil, co apoio da Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña.
O Plan de Cultura Marítima de Galicia pretende analizar desde unha perspectiva científico–didáctica as conexións e as transferencias das comunidades litorais galegas e o seu patrimonio, que creceron mantendo en equilibrio o ecosistema tradicional costeiro. Un instrumento capaz de favorecer a xestión integral, a posta en valor e a activación da cultura marítima.
Servizos
• Deseño e desenvolvemento web
Cliente
Plan de Cultura Marítima de Galicia - UDC