Curso de formación para a Fundación Juan XXIII

A petición da empresa de servizos para o emprego Magnafor, O Cable Inglés deseñou unha acción formativa para o equipo de dirección, xestión e comunicación da Fundación Juan XXIII. Esta acción formativa foi deseñada para adquirir os coñecementos avanzados necesarios para a preparación e presentación de proxectos e convocatorias de axudas ante organismos públicos e empresas privadas.

Os obxectivos da formación foron:

  • Adquirir e profundar nos coñecementos básicos necesarios para a preparación e presentación de proxectos en xeral
  • Coñecer e aplicar ferramentas e técnicas útiles na preparación de proxectos
  • Avanzar na elaboración e a estrutura, así como en adquirir coñecementos e destrezas necesarias para a explicación e a defensa de proxectos

Ao longo de 7 sesións a acción formativa desenvolveuse desde un enfoque participativo, combinando teoría e actividades prácticas, como traballos de avaliación e análise, exercicios en grupo e estudos de caso, para fomentar a reflexión e a aprendizaxe activa. Como resultado dunha das dinámicas participativas realizadas durante a formación, creouse o naming para a marca que aglutinará a nova liña de traballo da Fundación centrada no proxecto que se está a desenvolver nas instalacións do Lago Castiñeiras e que abrirá ao público baixo a marca O Botánico do Lago.

Servizos

Formación
Consultoría

Cliente

Magnafor Qualitas

Web e redes sociais