Democratizar os coidados e a vida doméstica
O papel dos homes con perspectiva de xénero.
Deseñadas e impulsadas polos servizos de igualdade das universidades de Vigo, Santiago e A Coruña celebráronse as xornadas internacionais Democratizar os coidados e a vida doméstica. O papel dos homes con perspectiva de xénero, centradas nas masculinades coidadoras (caring masculinities), que poñen en valor o traballo dos coidados e tratan de crear as posibilidades para fomentar que os homes se impliquen realmente neles.
Nas xornadas desenvolvéronse varios relatorios, mesas redondas e debates nos que participaron representantes das universidades de Miguel Hernández de Alacante, Rovira i Virgili de Tarragona, UNAM-México, Murcia e Coimbra, que abordaron cuestións como por que non coidan os homes; masculinidade, corpo e autocoidados; políticas públicas de masculinidades ou políticas de conciliación e de masculinidades nas universidades.
Servizos
• de materiais promocionais
• Difusión e comunicación a medios
• Xestión e deseño de redes sociais
• Xestión e organización das viaxes e estancias das persoas relatoras
Cliente
Universidade de A Coruña
Universidade de Santiago de Compostela