DIVERSIDADE SEXUAL DENDE A EDUCACIÓN
Deseño editorial da Memoria das “II Xornadas sobre diversidade sexual dende a educación: Unha oportunidade para trans*formar a sociedade”, organizadas a iniciativa da Facultade de Ciencias da Educación da USC coa colaboración activa das entidades Arelas, Amizando e Ultreia LGTBI, ademáis da Deputación de A Coruña e o Concello de Santiago de Compostela.
Estas xornadas son un paso máis no camiño á naturalización da diversidade na nosa sociedade, necesarias para visibilizar as experiencias de persoas, novas e non tan novas, nos seus procesos de transición. Testemuñas en primeira persoa que achegan os sentementos, vivencias e reflexións de persoas que o único que queren é ser felices.
Testemuñas que achegan á sociedade a necesidade de reflexionar sobre a diversidade, e de actuar ante a inxustiza e a parálise legal e administrativa coa que se atopan con tanta frecuencia as persoas nos seus procesos de transición.