ESPAZOCOOP

Campaña de naming e deseño de imaxe gráfica para representar a fusión da Federación de Empresas Cooperativas – SINERXIA, a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado – UGACOTA e a Unión Galega de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado – UCETAG para a constitución dunha nova Unión de Cooperativas Galegas.

O Naming da Unión definiuse a través dunha enquisa aberta a todas as cooperativas que forman parte de SINERXIA, UCETAG e UGACOTA, un proceso participativo no que se someteron cinco nomes a votación e se recolleron as opinións das cooperativas socias.

Os nomes propostos estiveron inspirados nos principios e valores cooperativos:

  1. Asociación aberta e non discriminatoria.
  2. Autonomía e independencia.
  3. Proactividade e participación.
  4. Interese pola comunidade, responsabilidade social e sustentabilidade.
  5. Solidariedade, cooperación, colaboración, axuda mutua, traballo digno e en equipo, colaboración e intercooperación
  6. Empatía coas persoas e entidades usuarias, cercanía e proximidade. 7. Franqueza, honestidade, transparencia e xestión ética.
  7. Innovación, mellora continua e excelencia.
  8. Autoestima.
  9. Formación continua.
  10. Igualdade de xénero.
  11. Defensa da cultura e da lingua galega.

O nome elixido foi EspazoCoop – Unión de Cooperativas Galegas, como espazo de fusión e integración, aberto ás cooperativas galegas de todos os sectores.

Servizos

Deseño de imaxe corporativa
Deseño da imaxe gráfica dos materiais impresos e dixitais
Naming

Cliente

EspazoCoop Unión de Cooperativas Galegas

Web e redes sociais