Eu son Economía Social do mar

Eu son economía social do mar é un proxecto impulsado por Fundamar e a Confraría de Vigo que nace co obxectivo de crear un espazo de encontro da economía social, o emprendemento, a inclusión e a promoción da economía circular e os produtos locais da pesca artesanal.

O Cable Inglés encargouse do deseño da imaxe gráfica do proxecto e dos materiais divulgativos e audiovisuais, así como do seu Manual de Identidade Corporativa. Tamén elaboramos os distintos contidos de difusión e realizamos labores de produción e coordinación da Feira ESESM que tivo lugar na lonxa de Canido.

Servizos

Deseño de imaxe gráfica
Contidos audiovisuais
Coordinación e produción de eventos
Deseño de materiais promocionais

Cliente

Confraría de pescadores de Vigo
Fundamar (Fundación para la pesca y el marisqueo)

Web e redes sociais