Fest Galicia

O Cable Inglés foi a empresa seleccionada para lanzar a marca Fest Galicia, que agrupa aos principais festivais galegos de música de carácter profesional. Deseñamos e implantamos a estratexia de comunicación offline e online de xeito integral, desde a xestión con medios de comunicación ata o deseño da web e a estratexia de redes sociais en distintas plataformas (Facebook, Instagram, Twitter e YouTube).

Tamén nos encargamos do deseño gráfico de creatividades a partir do logo deseñado polo estudo Uqui, e de desenvolver o manual de aplicacións da identidade visual da marca.

Desde O Cable Inglés, ademais, fomos responsables de toda a organización loxística do stand da marca nos festivais, e da atención e información ao público sobre os obxectivos e valores da marca.

Servizos

Contidos audiovisuais
Deseño dos stands, merchandising e materiais divulgativos
Deseño e desenvolvemento web
Estratexia de comunicación offline e online
Manual de aplicacións da identidade visual
Xestión loxística dos stand en festivais e atención ao público.

Cliente

Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)

Web e redes sociais