Formación nas aulas do Posgrao da USC en Xestión e Innovación Cultural para a práctica profesional
2019
A sesión sobre xestión e impacto musical impartida por Marián Fernández, centrouse na análise da música dentro da xestión cultural en Galicia. A partir dun artigo da súa autoría publicado en Praza.gal, abordouse o denominado “boom festivaleiro” e a súa relación co modelo de programación musical e co marco normativo vixente, sinalando como a lei de contratos condiciona tempos e procesos. A sesión reflexionou tamén sobre o papel de FEST Galicia e a utilización dos festivais como ferramenta de promoción turística baixo a marca “Galicia como territorio de festivais”. Como peche, desenvolveuse un exercicio práctico no que o alumnado simulou a organización dos Premios Martín Códax, asumindo responsabilidades de dirección, produción, comunicación e financiamento.
2023
Financiamento cultural. Valoración dos recursos e deseño de orzamento. Xestión económica
2025
Deseño de proxectos culturais. Xestión orzamentaria, financeira e laboral
Sesións nas que Cristina R. Labandeira, a nosa responsable de xestión e producción, abordou o financiamento, a elaboración de orzamentos, a planificación e xestión de tesourería de proxectos culturais e a subcontratación e a contratación laboral cunha metodoloxía que pon foco na aplicación práctica a través de exemplos. O obxectivo é que o alumnado consiga rematar esta formación específica tendo claros os pasos a seguir para planificar un proxecto cultural con garantías de sustentabilidade económica.
2025
Nas xornadas de formación intensiva dedicadas a comunicación e na estratexia dixital aplicada aos proxectos culturais a aula converteuse nun espazo de encontro entre axencias especializadas coa participación da nosa responsable de comunicación, Marián Fernández e Lucía Pita (The Office Comunicación)— e medios de comunicación, da man das xornalistas Belén López (Diario de Pontevedra) e Daniel Salgado (eldiario.es Galicia). A sesión incorporou tamén a perspectiva da comunicación dixital e da creación de contidos con Andrea Vilar (Carballo Interplay) e Prado Rúa. O obxectivo foi analizar ferramentas, estratexias e enfoques profesionais para mellorar a visibilidade e o impacto dos proxectos culturais, especialmente naqueles contextos sen departamento propio de comunicación.
Servizos
• Búsqueda de casos prácticos

