Trátase dunha rede de traballo para as empresas de economía social galegas (cooperativas, cooperativas sen ánimo de lucro e sociedades laborais) que axude a coñecerse, intercooperar, compartir servizos, experiencias, ideas e proxectos; e tamén para saír fora de Galicia, formarse, solicitar axudas…, e facelo sempre desde a perspectiva da creatividade, entendida no seu sentido máis amplo e aplicada a calquera sector, co fin de converter GALICIA ECONOMÍA SOCIAL CREATIVA nun verdadeiro motor de innovación social.
O Cable Inglés encargouse do deseño da imaxe, deseño de stand en ferias, loxística e comunicación.