GALP RÍA DE AROUSA

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Arousa é unha asociación sen ánimo de lucro que, ao igual que os grupos dos demais territorios costeiros galegos, se encarga de implementar a estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) seguindo as directrices do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, co obxectivo de promover o crecemento económico, a inclusión social, a creación de emprego e o apoio á empregabilidade e á mobilidade laboral nas súas comunidades pesqueiras e acuícolas, incluíndo a diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima. O GALP é unha entidade colaboradora da Consellería do Mar na dobre vertente de axente de desenvolvemento na aplicación da EDLP da zona pesqueira, e na xestión e control das axudas que se tramiten para o desenvolvemento da devandita estratexia. O CABLE INGLÉS desenvolve a comunicación do GALP Ría de Arousa dende o ano —- e ten organizado tamén de xeito integral as xornadas Economía Azul e Talento Azul, arredor das posibilidades de crecemento sustentable dos territorios costeiros galegos.

Servizos

Xestión de redes sociais
Campañas en RRSS
Estratexia de comunicación e creación de campañas
Plan de medios
Xestión e produción das xornadas

Cliente

GALP Ría de Arousa

Web e redes sociais