Girl Stem

O programa ‘GIRL STEM: derrubando estereotipos’, ten como obxectivo orientar e empoderar ás rapazas con charlas inspiradoras de directivas e investigadoras que falan do seu traballo con alumnado de secundaria para animar ás máis novas a escoller, se o desexan, titulacións STEM.

Este programa está coorganizado pola Asociación Galega de Empresas de Software Libre (Agasol) e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e forma parte do Plan de Talento Dixital de Galicia, DigiTalent 2020, impulsado pola Amtega para fomentar as vocacións tecnolóxicas entre a poboación máis nova, especialmente nas rapazas. O programa vai xa pola terceira edición, desenvolveuse en catro cidades e seis vilas galegas nos outonos de 2018 e 2019 e en formato virtual no ano 2020.

O Cable Inglés encargouse da estratexia de comunicación de xeito integral, atendendo os labores de gabinete de prensa e a xestión das rrss.

Servizos

Estratexia de comunicación offline
Xestión de redes sociais

Cliente

Agasol e Xunta de Galicia

Web e redes sociais