LACES Industria 4.0
LACES Economía Social – Industria 4.0 é unha canle de divulgación das novas tecnoloxías para empresas e entidades de economía social, no marco do proxecto transfronteirizo LACES, que impulsan distintas entidades de Galicia e o norte de Portugal.
O Cable Inglés deseñou a identidade corporativa desta canle, tanto para a web como para as súas plataformas sociais.
Ademais, xestionou as redes sociais da marca durante o periodo no que o proxecto estivo en activo, que son as de maior comunidade, alcance e interacción das oito canles que integran o Proxecto LACES. Isto foi posible grazas a unha estratexia orgánica de contidos para blog e plataformas sociais que tivo en conta os intereses da audiencia, e que foi apoiada con campañas de Social Paid Media segmentadas tanto por públicos como por localizacións e tipo de contidos, co obxectivo de lograr un maior impacto.
Servizos
• Lanzamento e xestión de redes sociais
• Marketing de contidos