MARLIMPO
O Plan MARLIMPO é o programa para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos, impulsado pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia e enmarcado dentro do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).
O seu principal obxectivo é alcanzar unha redución significante do lixo mariño nas costas galegas no ano 2020, grazas á implicación da Administración galega e do sector pesqueiro e que culminará coa integración de boas prácticas nas actividades marítimas obxecto do Plan, coa fin de:
– Mellorar a concienciación.
– Reducir a cantidade de lixo mariño e mitigar a pesca fantasma.
– Mellorar as infraestruturas, os sistemas de recollida de residuos é a loxística dos portos de cara a facilitar a xestión do lixo mariño en terra.