Ante as violencias sexuais, nós avanzamos cara á igualdade
Continuamos a traballar man a man coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo. Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujeres, encargámonos da coordinación e produción, a secretaría técnica e o deseño da imaxe e dos materiais de difusión da xornada Ante as violencias sexuais, nós avanzamos cara á igualdade que se celebrou na Aula Magna Concepción Arenal do Campus de Ourense.
Promovido pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, este evento reafirmou que a loita contra a violencia sexual e de xénero non é só un lema para o #25N, senón unha prioridade permanente. A igualdade constrúese con accións reais, formación e espazos para reflexionar e transformar.
Servizos
• Deseño de imaxe gráfica
• Produción e coordinación da xornada
• Produción e coordinación da xornada
Cliente
Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo

