O mar tamén ten mulleres
O MAR TAMÉN TEN MULLERES é unha exposición fotográfica itinerante posta en marcha polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo – A Guarda para visibilizar o traballo das mulleres galegas que dedicaron a súa vida as tarefas do mar.
Trátase dunha proposta participativa para a que se recibiron imaxes de todas as mulleres que quixeron formar parte dela, procedentes dos concellos de influencia do GALP 7: Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda.
Así, O MAR TAMÉN TEN MULLERES recolle a historia das mariscadoras, as redeiras, as carrexonas, as percebeiras, as peixeiras, as traballadoras da salga e a conserva, as bateeiras e de todas as mulleres do mar. Todas elas foron protagonistas do seu tempo e sono agora desta exposición que recupera as sabenzas de mulleres anónimas para poñer en valor o seu traballo e renderlles homenaxe ao rescatar capítulos preciosos da nosa memoria histórica.
Realizouse unha campaña de difusión en redes sociais, convocatoria de prensa e radio para a captación das fotografías. Fíxose o tratamento das fotografías e editouse un vídeo. Creouse unha imaxe visual para a exposición que se aplicou a todos os materiais deseñados para a difusión da campaña previa e da mostra. E creouse un elemento expositivo que en sí mesmo evocara unha paisaxe marítima. Traballo de gabinete de prensa e cobertura fotográfica.
Servizos
• Deseño gráfico
• Estratexia de comunicación offline
• Xestión de redes sociais
• Xestión e produción