O papel da xestión cultural no fortalecemento da cultura
A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural celebrou unha xornada para reivindicar e recoñecer o valor dos xestores culturales, e tamén como un encontro profesional para compartir experiencias, ferramentas e recursos, poñer en común intereses, (re)coñecerse e afianzar en colectivo estratexias e utopías. Ademais este evento foi a primeira edición dos Premios do Castro á Xestión Cultural Galega.
Desde O Cable Inglés encargámonos da comunicación e do deseño da gráfica que conecta co Laboratorio de formas creado por Isaac Díaz Pardo e a súa equipa, e cuxa xestión inspira estes premios aos que desexamos longa vida.
Orgullosas de formar parte dun proxecto que aposta pola profesionalización, a ética, o coidado e o traballo en rede, valores que compartimos e que seguen guiando o noso camiño.
Servizos
• Deseño de imaxe gráfica
• Xestión de redes sociais

