O QUE NON SE ESCRIBE

Xornadas sobre Arquivos Sonoros e Creación Contemporánea

O QUE NON SE ESCRIBE é un espazo de aprendizaxe e experimentación sobre o noso patrimonio sonoro, unha posta en común dos proxectos máis actuais arredor da música tradicional desde unha óptica tan propia como global. Un proxecto único que pon no foco o proceso creativo, desde o máis antigo ao máis contemporáneo. O que fomos, o que somos e o que tendemos a ser como país musical.

O Cable Inglés acompaña a comunicación deste proxecto desde o seu inicio en 2021 trazando a estratexia, xestionando o seu plan de medios e participando na moderación de encontros entre profesionais.

Servizos

Xestión de medios
Estratexia de comunicación offline
Mediación de palestras

Cliente

Luneda - Nave de lata | Cooperativa Cultural

Web e redes sociais