OBSERVATORIO STOP MACHITROLES

O observatorio de machismo dixital Stop Machitroles foi creado pola Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo coa intención de seguir dando pasos que permitan coñecer e analizar a realidade das mulleres que sofren misoxinia e discriminación no eido dixital por razón de xénero.

O obxectivo principal deste observatorio é o de permitir recoller datos e información de persoas que denuncien, de forma anónima, agresións sexistas, ofensas, acosos, vexacións, ridiculizacións, ataques á dignidade, humillacións ou calquera outra forma de violencia machista.

O Observatorio recolle, analiza os datos e mostra os resultados da representación mediática da ciberviolencia machista dixital, a través dos seus informes anuais, o que permite ensanchar as bases da investigación feminista para poder obter unha análise comparativa e evolutiva.

Servizos

Deseño de imaxe gráfica
Comunicación
Xestión e deseño de redes sociais
Xestión e produción de eventos

Cliente

Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo
Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo

Web e redes sociais