Orzamentos Participativos Compostela Decide

Un Orzamento Participativo (OP) é un mecanismo gobernamental de democracia participativa que permite á veciñanza influenciar ou decidir sobre os orzamentos municipais a través de procesos da participación da comunidade.

O proceso piloto de OP a desenvolver ao longo de 2015 foi dirixido á mocidade compostelá, outorgando a mozas e mozos un papel máis activo na construción do Concello ao poder formular e decidir as propostas en función das súas necesidades, aproveitando o seu sentido crítico así como a súa capacidade e creatividade. Ao tempo pretendeu ser un proceso de recoñecemento polo seu papel activo na sociedade.

Servizos

Deseño da imaxe gráfica dos materiais impresos e dixitais

Cliente

Concello de Santiago

Web e redes sociais