Premios Economía Azul

O Cable Inglés, en coordinación coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia, organizou as tres edicións dos Premios Economía Azul celebradas ata agora. Trátase dunha iniciativa que recoñece os mellores proxectos sustentables das zonas pesqueiras de Galicia postos en marcha no marco das convocatorias de axudas para iniciativas dos grupos de acción local do sector pesqueiro.

Encargámonos de elaborar a imaxe corporativa do certame e da organización e produción da gala de entrega dos premios. Tamén deseñamos e executamos a estratexia de comunicación offline e online, e a planificación e xestión das redes sociais.

En colaboración cos nosos partners audiovisuais, planificamos, guionizamos e realizamos os vídeos dos proxectos finalistas difundidos a través das accións de comunicación interna e externa, e durante a propia gala.

Servizos

Creación de contidos multimedia
Coordinación do evento
Deseño de imaxe gráfica
Deseño gráfico
Estratexia de comunicación offline e online
Estratexia de redes sociais
Guionización
Xestión de redes sociais
Xestión e produción

Cliente

Consellería do Mar da Xunta de Galicia

Web e redes sociais