Premios Martín Códax da Música

Os Premios Martín Códax da Música son os galardóns máis importantes que se conceden no sector musical de Galicia e están promovidos pola Asociación Músicas ao Vivo que confiou n’O Cable Inglés dende a súa primeira edición en 2013 para a xestión integral do certame, desde a procura de entidades patrocinadoras ata a produción, deseño e comunicación de todo o proceso.

O Cable tamén ten desenvolvido con grande éxito a xestión da comunicación offline e online, coa consecución dunha importante cobertura mediática e un amplo impacto nas plataformas sociais Facebook, Instagram e Twitter, chegando a medio millón de persoas e un millón de visualizacións. O equipo do Cable logrou unha mellora do impacto e das interaccións superiores ao 200% interanual.

A estratexia de comunicación baseouse nun impulso do contido orgánico a través de publicacións en blog e o uso de novos formatos nas plataformas sociais, procurando sempre un maior engagement coa audiencia.

O Cable Inglés desenvolveu diversas tarefas ata a edición do ano 2020.

Servizos

Deseño da imaxe gráfica (2013-2017)
Comunicación offline
Control orzamentario
Coordinación xeral e procura de patrocinadores
Xestión de redes sociais

Cliente

Músicas ao Vivo

Web e redes sociais