ROTEIRO POR COIA
O “ROTEIRO POR COIA” nace con vocación de achegar información sobre a historia e a riqueza toponímica do barrio de Coia. Naceu pola iniciativa do profesorado do IES Alexandre Bóveda (Vigo-Coia) para transmitir ao alumnado a riqueza do seu pasado e fortalecer así o seu futuro, e compartir con toda a sociedade estes coñecementos para lograr un dos obxectivos da escola: converterse en axente dinamizador da contorna.
Estrutúrase a partir de 12 Paradas polas que se percorre, dende a prehistoria ata os nosos días, o devir de Coia e as súas xentes. Complementado cunha wiki na que se comparten todos estes coñecementos e foméntase a participación da cultura de barrio.
Servizos
• Deseño da guía-folleto impresa
Cliente
IES Alexandre Bóveda