SOMOS CONFRARÍA

O proxecto “Somos Confraría”, iniciativa da Confraría de Pescadores de Vigo, pretende, a través dunha campaña gráfica e audiovisual en redes sociais, cumplir cos seguintes obxectivos:

– Mellorar a gobernanza dos recursos pesqueiros, marítimos e sociais da Confraría.

– Favorecer a participación dos socios e socias na comercialización da produción.

– Favorecer a visibilización e participación das mulleres na gobernanza da confraría.

– Promover entre socios e socias unha vinculación emocional coa Confraría mostrando o valor de participar da gobernanza en común.

– Dar a coñecer o sistema de gobernanza da Confraría e poñer en valor os beneficios de consumir pesca local artesanal.

Servizos

Campañas en RRSS
Creación de contidos multimedia
Deseño da imaxe gráfica dos materiais impresos e dixitais
Ilustración

Cliente

Confraría de pescadores de Vigo

Web e redes sociais