Somos Coop, somos Top!

A segunda campaña Somos Coop é unha iniciativa destinada a visibilizar e poñer en valor o cooperativismo en Galicia. A campaña cunha duración de tres meses tivo como obxectivo fomentar o orgullo cooperativo e resaltar o impacto positivo deste modelo empresarial na sociedade galega.

A campaña lanzouse baixo a mensaxe “Somos Coop, somos Top!” e tivo como fin principal destacar os valores das cooperativas e o seu papel na construción dun modelo económico sostible e responsable. Ademais de dar a coñecer o traballo que realizan as cooperativas, esta campaña implicou ás cooperativas socias e a outras entidades, animándoas a sumarse e compartir o orgullo de formar parte do movemento cooperativo.

Servizos

Creatividade campaña de comunicación
Deseño gráfico
Redes Sociais

Cliente

EspazoCoop Unión de Cooperativas Galegas

Web e redes sociais