TALENTO AZUL
A ría de Arousa conta cun enorme potencial material e humano para desenvolver proxectos que logren diversificar o sector do mar e facer do noso territorio un referente no ámbito do crecemento azul. Con este obxectivo, o Galp Ría de Arousa convidou ao sector produtivo do territorio a participar na xornada TALENTO AZUL, na que se reflexionou sobre as oportunidades que ofrece o crecemento azul como alternativa de futuro para o desenvolvemento económico e social das poboacións costeiras.
Nesta sesión de traballo, os 7 grupos de acción local costeira de Galicia, presentaron proxectos destacados dos seus territorios, que deron lugar a un intercambio de experiencias e a unha reflexión conxunta. Despois, abríronse espazos de debate e intercambio divididos en 3 áreas de interese, para que as persoas asistentes puidesen facer consultas directas sobre posibles ideas e iniciativas, e mesmo axendar encontros.
Servizos
• Deseño da imaxe, de materiais promocionais e da memoria descriptiva
• Difusión e comunicación a medios
• Seguimento posterior
• Xestión de redes sociais
• Xestión e organización da xornada