VII Conferencia Estatal da Cultura

A VII Conferencia Estatal da Cultura, organizada pola Federación Estatal de Asociaciones de Gestores Culturales (FEAGC), éun espazo común de encontro, debate e cooperación entre institucións, entidades e profesionais do sector cultural público e privado. Tras seis edicións previas en distintas cidades do Estado, a cita celebrouse na Coruña baixo o título Derechos Culturales. Desafíos de una gestión cultural comprometida, situando a cultura no centro da axenda social e institucional. O encontro abordou os dereitos culturais, a inclusión, a accesibilidade e a sustentabilidade como eixes dunha xestión innovadora e centrada nas persoas. Nun contexto de transformación constante, analizáronse tamén os retos e oportunidades que introduce a Intelixencia Artificial na creación e na xestión cultural. A conferencia tivo lugar os días 15 e 16 de decembro de 2025 no Centro Ágora da Coruña.

Servizos

Estratexia de comunicación dixital
Community manager
Coordinación xeral
Deseño de imaxe gráfica
Produción
Secretaría técnica

Cliente

Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural
Federación Estatal de Asociaciones de Gestores Culturales (FEAGC)

Web e redes sociais