Xornadas de Acceso á cultura en Galicia 2025

A nosa cooperativa, como integrante da Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega, leva desde 2023 traballando especificamente o tema dos dereitos culturais, que nos últimos tempos está a consolidarse como unha corrente que ter moi en conta nas políticas culturais públicas, como proban a creación da Dirección Xeral de Dereitos Culturais do Goberno do Estado, a elaboración en marcha do Plan de Dereitos Culturais estatal e as leis xa aprobadas que regulan esta materia en territorios como Navarra ou as Illas Canarias.

Durante o ano 2025 desde esta comisión, participamos na conceptualización, xestión, produción e desenvolvemento de catro xornadas de debate e recollida de información que se celebraron de marzo a xuño atendendo a catro perspectivas do dereito de acceso á cultura: o dereito a participar, a perspectiva territorial (nun país con tanta dispersión coma o noso), o acceso, e a comunicación e a interseccionalidade.

Nestas catro recollidas e nos informes extraídos analizouse se os dereitos culturais se están a cumprir en Galicia. As primeiras conclusións e os informes parciais foron presentados nunha xornada celebrada en outubro dese mesmo ano e en febreiro de 2026 fíxose público o informe final.

Servizos

Deseño das xornadas
Comunicación
Produción
Redacción de informes parciais

Cliente

Consello da Cultura Galega

Web e redes sociais