XORNADAS SOBRE SENFOGARISMO

Conxunto de xornadas celebradas en 2016, 2017 e 2018 sobre a situación das persoas sen fogar en Compostela, e organizadas conxuntamente pola Concellaría de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde do Concello de Santiago de Compostela e a Mesa de traballo para o estudo da situación das persoas sen teito–transeúntes e dos recursos en Santiago de Compostela.

Estas tres xornadas tiveron como finalidade principal xerar un espazo para o achegamento de experiencias, moitas delas en primeira persoa, sobre a situación das persoas sen fogar en Compostela, así como amosar diferentes iniciativas políticas e sociais que se están levando a cabo no ámbito galego e estatal para a atención e xestión desta problemática.

Os encontros estiveron destinados a un público integrado por profesionais e persoal voluntario de institucións e iniciativas relacionadas coa atención a persoas sen fogar, así como estudantes do eido social e comunitario.

Servizos

Deseño da imaxe gráfica dos materiais impresos e dixitais
Deseño editorial
Estratexia de comunicación offline e online
Plan de medios
Redacción e maquetación das memorias

Cliente

Nova Xestión Cultural / Concello de Santiago

Web e redes sociais