Reportaxes

Cervexa e viño do Porto

As bebidas que chegaron cos ingleses

Información extraída do artigo "Cable Inglés", a cervexa e os viños do Porto do Blog Crónicas de outro Vigo, unha sección de Blas Calzada

A presenza británica aportou á cidade unha industria tan singular naquel entón como unha fábrica de cervexa propiedade dun tal Mr. Hyde. Na edición do 8 de maio de 1875, un cronista informaba ao respecto:

"A fabricación de cervexa foi emprendida por Mr.Hyde, quen acumulando unha excelente clase de materias primas para a súa elaboración, logrou dar cima a unha xusta e honrosa competición coa cervexa do estranxeiro, tanto polo seu bo gusto como polo "spirit" do líquido, de fermentación completa e acabada".

Ao parecer, segundo outras crónicas, a novidosa cervexa era considerada capricho de mozos modernistas – un pouco pijos, diríamos agora -, en especial de aqueles que frecuentaban unha sociedade chamada "Gimnasio", uns considerados snobs que tamén fumaban tabaco, preferiblemente exipcio.

Bodegas Bandeira

Os ingleses do Cable propiciaron, así mesmo, a aparición doutra industria do sector bebidas, a que naceu dun pequeno despacho de viños propiedade dun cidadán de orixe portuguesa de apelido Bandeira, establecemento que se atopaba xusto a carón das oficinas cableiras xa instaladas no edificio de Bárcena, en Velázquez Moreno esquina Policarpo Sanz.

Parece ser que o señor Bandeira expendía excelentes caldos do Porto, e é ben sabida a afección dos británicos a estes viños. Total, que grazas a aquela perseverante clientela ao señor Bandeira fóronlle moi ben as cousas, ata o punto de que, co tempo, o despacho converteuse en gran bodega, e mesmo os viños do Porto coa etiqueta Antonio Bandeira chegaron a ser, ata os anos 80 do século pasado, unha referencia no mercado nacional de bebidas, con notable presenza nos estantes dos bares.

O gran solar e as abandonadas naves das Bodegas Bandeira, onde se elaboraba e embotellaba un peculiar viño do Porto atópanse no barrio del Calvario, esperando o seu destino urbanístico, que segundo últimas novas será un centro comercial.

Voltar

 



Ponte en contacto con nós no (+34) 986 071 891 ou 650 579 208
Escríbenos a info@ocableingles.com

colaboran:

O Cable InglésArquivo CabanelasGrismedio Studio