O mundo
Vía Vigo

Documental en construción realizado a partir de imaxes antigas do Cable Inglés atopadas recentemente na casa dun antigo traballador da compañía.

Proximamente

reportaxes destacadas

REPORTAXE

O mundo, Vía Vigo

Durante máis de medio século, Vigo erixiuse na porta de entrada e saída das telecomunicacións da Europa continental co resto do mundo. Foi unha das etapas máis gloriosas da cidade.

Por José Ramón Cabanelas

Un dos primeiros obxectivos da Eastern Telegraph Company Ltd.,que á altura do ano 1872 xa era unha das empresas máis grandes do mundo, foi o reforzar a liña Inglaterra-Lisboa-Xibraltar, para o que, en 1873, procedeu a tender dous novos cables telegráficos submarinos desde Porthcurno a Vigo, e desde Vigo a Carcavelos. Deste xeito, a cidade galega, por causa, entre outras razóns, da seguridade que ofrecía o seu porto para o amarre do cable, resultou a escollida para a creación dunha nova estación internacional de telegrafía submarina, converténdose así na cidade española mellor comunicada co resto do mundo.Co paso dos anos, ata 5 cables internacionais de telegrafía submarina chegaron a un Vigo que, durante practicamente medio século, exerceu de porta de entrada das telecomunicacións en España: "Vía Vigo" dicían os telegramas nacionais para facer referencia á procedencia da súa información.

Ler máis

artigo

Espionaxe baixo as augas

Por José Ramón Cabanelas

Este artigo aborda a importancia dos cables de telegrafía submarina que arribaron a Galicia xa desde o último terzo do século XIX, e como a través deles circulaba información secreta antes do estalido da II Guerra Mundial. Tamén recolle as actividades dun dos oficiais británicos que traballou na oficina da Eastern Telegraph Company Ltd de Vigo (Cable Inglés), apoiando dunha forma secreta a causa inglesa.

Ler máis

artigo

O tenis de mesa en Galicia

Por Enrique Blanco

No ano 1918 xa se xogaba ao ping-pong en Vigo, aínda que en domicilios particulares, segundo recordaba na súa época don Manuel Sanjurjo Otero, prestixioso industrial vigués. Non cabe dúbida de que moito tiveron que ver nesta pronta implantación en Galicia deste deporte os funcionarios británicos do Cable inglés, entidade de comunicacións que se estableceu en Vigo a mediados de mil oitocentos e que trouxo á cidade olívica a práctica do tenis de campo.

Ler máis

O CABLE INGLÉS INFORMA

A gran flota do Zar atrapada na Ría 'Vigo no epicentro da atención mundial'

Artigo extraído do Blog Crónicas de outro Vigo, Unha sección de Blas Calzada

En Marzo de 1904, o novísimo monarca Alfonso XIII tivo un encontro en Vigo co kaiser alemán Wilhelm II, quen, impresionado pola nosa Ría, escribiu así nunha carta destinada ao seu curmán o Zar Nicolás II de todas as Rusias, a quen el chamaba "Dearest Nicky", traducible por "O meu máis querido Nicolasiño": "Vigo é unha grande baía con espazo para todas as flotas do mundo. As flotas británicas visítana cada mes, e Henry estivo alí o ano pasado coa nosa escuadra".

Ler máis

artigo

O Cable Inglés trouxo o «football»

Publicado en LA VOZ DE GALICIA
23/3/2011

O Cable Inglés mantivo en Vigo a máis dun centenar de traballadores ata os anos vinte do século XX, cando se introduciu o sistema automático de comunicacións. Esta presenza permitiu que os vigueses coñeceran o fútbol, un deporte cuxas regras comezaron a fixarse en 1870, e que unha década despois comezou a súa expansión alá por onde había un inglés.

Ler máis

RESEÑA

Cervexa e viño do Porto

As bebidas que chegaron cos ingleses

Información extraída do artigo "Cable Inglés", a cervexa e os viños do Porto do Blog Crónicas de outro Vigo, de Blas Calzada

A presenza británica aportou á cidade unha industria tan singular naquel entón como unha fábrica de cervexa propiedade dun tal Mr. Hyde. Na edición do 8 de maio de 1875, un cronista informaba ao respecto:

"A fabricación de cervexa foi emprendida por Mr.Hyde, quen acumulando unha excelente clase de materias primas para a súa elaboración, logrou dar cima a unha xusta e honrosa competición coa cervexa do estranxeiro, tanto polo seu bo gusto como polo "spirit" do líquido, de fermentación completa e acabada".

Ler máis
o último no muro...

Fran P. Lorenzo

VIGO

Cable Inglés: o link de Vigo co mundo

Cando penso no Cable Inglés imaxino decote unha arteria submarina, que bombeaba no corazón de Vigo as novas de alén do mar, ao compás do fuso horario do meridiano de Greenwich. Un reloxo instalado na fachada das súas oficinas daba a hora oficial da cidade. A xente paraba alí diante e axustaba as agullas que marcaban os tempos da súa vida ao ditado de Londres, como Phileas Fogg momentos antes de iniciar a volta ao mundo en oitenta días. O Cable Inglés -o nome co que axiña se coñeceu a Eastern Telegraph Company, que se instalou na cidade en 1873- logrou conectar o porto olívico co enclave de Porthcurno, o corno sur das illas británicas, e coas costas de Portugal, mercé ao fío telegráfico tendido cara a Caminha e Carcavelos, que logo continuaba en dirección ao Mediterráneo e Brasil. E foi o Cable o que lles permitiu os vigueses daquela altura daren a volta ao mundo sen se moveren do sitio, coma nun arremedo steampunk da rede de redes de hoxe...

Ler máis



Ponte en contacto con nós no (+34) 986 071 891 ou 650 579 208
Escríbenos a info@ocableingles.com

colaboran:

O Cable InglésArquivo CabanelasGrismedio Studio