Se non podes ver correctamente este mailing fai click aquí
Observatorio STOP MACHITROLES
O primeiro informe sobre violencias machistas dixitais do Observatorio Stop Machitroles presentarase o 27 de xaneiro

A Cátedra de Feminismos 4.0, a través do seu Observatorio Stop Machitroles presentará o seu primeiro informe sobre violencias machistas dixitais o próximo 27 de xaneiro ás 11:00h.
Sesión de mañá: presentación do informe

A apertura do acto, correrá da conta da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Pola súa banda, o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa Roger, será o encargado de clausurar a presentación.

Tras a breve presentación do informe por parte de Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, celebrarase un debate coa experta Elisa García-Mingo, no que posteriormente poderá participar o público.

O evento poderá seguirse en liña a través da canle Directo 1 da UVigoTV, no seguinte enlace: https://bit.ly/StreamingSTOPMachitroles

As persoas que o desexen poderán asistir presencialmente á sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (Rúa Eduardo Chao, 17). As prazas están limitadas ata completar aforo.
Sesión de tarde: obradoiro de autodefensa dixital

Pola tarde, de 16 a 18 h, o colectivo Donestech impartirá un obradoiro práctico en formato online sobre autodefensa dixital feminista con perspectiva de xénero. A través del, as persoas participantes poderán coñecer e combater os distintos tipos de violencias machistas dixitais.

A inscrición no taller pódese facer no seguinte formulario: https://bit.ly/ObradoiroAutodefensaDixital

Este obradoiro en liña continuará nunha segunda sesión o 3 de febreiro pola tarde, no mesmo horario.
O programa completo da xornada pódese consultar e descargar aquí.
Unidade de Igualdade
Universidade de Vigo

Tfno.: 986 813 419
igualdade@uvigo.es

www.catedrafeminismos.gal
Séguenos en:FACEBOOKTWITTERINSTAGRAM
Cátedra de Feminismos 4.0
Conforme ao RGPD 2016/679 e a L.O. u. 3/2018 de Protección de Datos Persoais, infórmase de que os seus datos persoais, van ser incorporados a ficheiros automatizados cuxa finalidade é o tratamento para a xestión concreta por parte de O CABLE INGLÉS, S. COOP. GALEGA. En nome da empresa tratamos a información que nos facilita co fin de prestarlles o servizo solicitado. Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial ou durante os anos necesarios para cumprir coas obrigacións legais. Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obrigación legal. Se desexan exercer o dereito de acceso, rectificación, supresión e oposición, limitación do tratamento, portabilidad de datos e a non ser obxecto de decisións individualizadas automatizadas, dirixan un escrito a: O CABLE INGLÉS, S. COOP. GALEGA, C/ Torrecedeira, 68 - 5º B, 36202 Vigo (Pontevedra)
Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo