Se non podes ver correctamente este mailing fai clic aquí
SOCIEDADE DIXITAL E XÉNERO: Hackeando ao Patriarcado
2-3 de novembro de 2022
SOCIEDADE DIXITAL E XÉNERO. Hackeando o patriarcado (4ª edición)

Novos aparatos ideolóxicos: o patriarcado de vixilancia


O próximo 2 e 3 de novembro a Universidade de Vigo, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, organiza a cuarta edición do seminario e obradoiro SOCIEDADE DIXITAL E XÉNERO. Hackeando o patriarcado. Este ano as intervencións e a mesa redonda posterior analizarán e debatirán sobre as novas estratexias ideolóxicas patriarcais para perpetuarse a través da misoxinia dixital organizada: a chamada manosfera, machoesfera ou manhood.

Para as persoas interesadas en asistir presencialmente ao workshop do 2 de novembro, deberán desprazarse ata o edificio de Redeiras da Universidade de Vigo.
Non é preciso confirmar previamente asistencia.

As persoas que asistan virtualmente, poderán seguir o seminario vía streaming a través da Canle Directo 1 da UVigoTV.

O 3 de novembro, en sesión de tarde, en formato exclusivamente presencial na Facultade de Comercio da Universidade de Vigo, terá lugar o obradoiro Reescribe o código. Obradoiro de educación en ciberactivismo feminista, impartido por 7H Cooperativa Cultural.

As persoas que queiran participar no obradoiro do día 3 deberán inscribirse previamente no seguinte enlace: https://bit.ly/InscricionObradoiroWorkshop2022

Podes consultar o programa completo do workshop no seguinte enlace:
programa completo

O patriarcado de vixilancia non é un fenómeno illado, senón que se trata doutra expresión de violencia fóra de liña (offline) contra as mulleres e reforza os estereotipos de xénero. É unha violencia instantánea, rápida, viral e omnipresente, artellada de forma organizada.

Nesta actividade, e da man de destacadas expertas, queremos convidar á reflexión ao redor das características deste terrorismo dixital misóxino. Estudaremos a súa gramática política e as súas consecuencias nocivas para a democracia e os dereitos humanos, ademais de analizar como condiciona a liberdade das mulleres na ágora dixital.
Máis información en:
Unidade de Igualdade
Universidade de Vigo

Tfno.: 986 813 419
igualdade@uvigo.gal

www.catedrafeminismos.gal
Séguenos en:FACEBOOKTWITTERINSTAGRAM
Cátedra de Feminismos 4.0
Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo